lunes, 23 de marzo de 2020

TODALAS COUSAS TEÑEN O SEU MOMENTO


Pasaron os anos ata que un día do outono do 2016, chega o meu fillo dicíndome que navegando por internet vira unha forcanza de Bianchi 500 á venda. Xa falaramos algunha vez sobre o tema, sobre a moto e a necesidade de cambiarlle a forcanza e o cambio...algo imposible. Non sei que pasou ese día, supoño que todas as cousas teñen o seu momento e ás veces os astros alíñanse, pero de súpeto todo cambiou, comezou a parecer unha empresa viable e encontreime arroupado por unha familia ilusionada co proxecto da restauración, e ese proxecto que sempre estivo agochado e semellaba tan dificultoso, comezou a tomar vida.

Fixen os primeiros contactos con Manuel Parra de Cometa Restauraciones, do cal é a foto da esquerda. Esta forcanza foi a que lle merquei a el. Antes tentei conseguir a peza do cambio, que tanta falta me facía porque unha cousa non podía ser sen a outra. Por sorte,  finalmente o cambio conseguino cando dei cun restaurador de Villarcayo, Julián Sesma, que tiña un motor enteiro de Bianchi. Traballo me custou que me vendera só o cambio! Mandoume unhas fotos previamente amosándome o desgaste que tiña. Todo moi limpo e profesional. Unha personaxe!
Con estas dúas compras simultáneas o proceso acababa de comezar.
Na foto podedes ver sinalado o tren fixo do cambio que frustrara a restaración do meu pai. Obviamente,  se el tivera á súa disposición a conectividade e as posibilidades que o acceso a internet nos ofreceron, a Biachi  houbera estado  restaurada hai moitos anos, pero...estaría na casa aínda?



Pasaron los años, hasta que un día del otoño de 2016 mi hijo me dijo que había visto una horquilla de Bianchi 500 a la venta en internet. Ya habíamos hablado alguna vez sobre el tema, sobre la moto y la necesidad de cambiarle la horquilla y el cambio...algo imposible. No sé que pasó ese día, supongo que todas las cosas tienen su momento y a veces los astros se alinean, pero de repente todo cambió, empezó a parecer una empresa viable y me encontré arropado por una familia ilusionada con el proyecto de restauración, y ese proyecto que siempre estuvo escondido y parecía tan dificultoso, empezó a tomar vida.

Hice los primeros contactos con Manuel Parra de Cometa Restauraciones SL, arriba os puse la foto de la horquilla que le compré. Antes había intentado conseguir la pieza del cambio, que tanta falta me hacía, porque una cosa no podía ser sin la otra.

Por suerte el cambio finalmente lo conseguí cuando contacté con un restaurador de Villarcayo llamado Julián Sesma, que tenía un motor entero de Bianchi. ¡Trabajo me costó que me vendiera sólo el cambio! Me mandó unas fotos previamente enseñándome el desgaste que tenía. Todo muy limpio y profesional. ¡Todo un personaje!

Con estas dos compras simultáneas el proceso acababa de comenzar. En la foto teneis señalado el tren fijo del cambio que había frustrado la restauración de mi padre. Obviamente, si él hubiera tenido a su disposición la conectividad y las posibilidades que el acceso a internet nos ofrecieron, la Bianchi ya habría estado restaurada hace muchos años, pero...¿estaría en casa aún?

No hay comentarios:

Publicar un comentario