Xa tiña a base da moto pintada: bastidor, forcanza, tambores e lamias.Tocaba repasar os tambores: novos ferodos para as zapatas e de paso facer uns discos de fricción para as tesoiras da suspensión traseira. Conseguir uns radios novos, montar as rodas e que todo encaixara...
Detalle de todo o material pintado e da mesa de traballo que tivera que facer. Detalle de todo el material pintado en la mesa de trabajo que tuve que hacer |
Mentres agardaba polo material a cromar, facía outras cousas que ían aparecendo, como levar o bloque a rectificados Compostela, para que lle fixeran unhas guías de válvulas novas (tiñan moito xogo) ou darlle uns puntos de soldadura ao alzaválvulas que non facía ben o seu traballo.Tamén había que facer unha tapa nova de válvulas o máis parecida á do manual e fotos. Xa lle fixera meu pai unha lisa, está claro que se perdera a orixinal. A que se aprecia na foto fíxose a partir da base dunha tixola que merquei nos chinos. Dá o pego de carallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario